O sinistro produciuse sobre as 12.55 horas, segundo informou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia. A chamada de aviso chegou a través do 061, que alertou de que unha persoa estaba atrapada no interior do turismo.
Para atender a emerxencia, foron mobilizados o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Mugardos, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e efectivos de Protección Civil.
Unha vez no lugar do accidente, os membros do GES de Mugardos tiveron que empregar material de excarcelación para poder liberar a un dos ocupantes que permanecía atrapado no interior do vehículo sinistrado.




