A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, recibiu esta mañá na Delegación Territorial a dúas representantes da AVV Santa Mariña de Ferrol, María Rivera e Fina Salido. O encontro tivo como obxectivo coñecer os proxectos nos que está a traballar a entidade veciñal e analizar posibles vías de colaboración.
Esta xuntanza forma parte da rolda de contactos que, de maneira habitual, a delegada do Goberno autonómico vén mantendo con diferentes entidades e axentes sociais da zona. O fin é coñecer as demandas e principais necesidades do territorio.




