A compañía coruñesa Corzos Reunidos, especializada en teatro grecolatino e audiovisual, será a encargada de dar inicio ás representacións cunha obra de Plauto.
A peza, titulada Anfitrión, é unha "desternillante comedia latina" que culmina asuntos predilectos do autor, como a confusión de personaxes, e convértese nunha parodia dunha traxedia grega.
A obra achega a mitoloxía a través de nove papeis, entre os que figuran nomes como os de Júpiter ou Sosias, o protagonista.
A representación terá lugar este domingo 19, ás 19.00 horas, no centro cívico de Caranza, cunha entrada libre. A dirección artística corre a cargo de Jesús Ricardo Martín, a produción de Abel Caballero e o son e iluminación de Aldara Aldao.




