O sorteo da Bonoloto do domingo 5 de abril deixou unha importante suma de diñeiro no barrio ferrolán de Caranza. Un dos dous boletos premiados na segunda categoría, que corresponde a cinco acertos máis o número complementario, foi validado na cidade naval.
A combinación gañadora estivo composta polos números 28-47-05-15-22-36, sendo o complementario o 19 e o reintegro o 7. O premio ascende a 62.447,20 euros para cada un dos dous acertantes.
O establecemento que selou o boleto da sorte en Ferrol foi a cafetería Pacific, situada no número 62 da avenida de Castelao. Este despacho receptor, co número 30.320, repartiu así unha parte da fortuna. O outro boleto premiado coa mesma cantidade foi selado na Administración de Loterías nº 22 de Salamanca.




