O evento terá lugar en horario de 17:00 a 19:00 horas. As persoas interesadas en participar deberán formalizar a súa inscrición antes das 14:00 horas do mércores 17 de xuño. Para iso, poderán utilizar o correo electrónico subdireccion.estudantado.difusion.epef@udc.gal ou chamar ao teléfono 881 01 3226.
Este centro, o de maior tamaño do Campus Industrial de Ferrol en canto ao número de estudantes matriculados, ofrece diversos graos. Entre eles atópanse Enxeñaría Mecánica, Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais, Enxeñaría Naval e Oceánica, e Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática. Tamén se oferta un Programa de Simultaneidade en Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría Naval e Oceánica.
Ademais, a EPEF dispón do grao en Enxeñaría Eléctrica, o primeiro grao dual do Sistema Universitario de Galicia (SUG). Outra opción destacada é o grao aberto en Enxeñaría Industrial, que permite ao estudantado elixir a carreira definitiva en segundo curso, con opcións como Enxeñaría Mecánica, Tecnoloxías Industriais, Eléctrica ou Electrónica Industrial e Automática.




