A "Baximanía" sitúa A Malata entre os 5 pavillóns con máis público da liga

O Baxi Ferrol consolídase como un referente na Liga Feminina Endesa grazas ao apoio da súa afección.

Imaxe xenérica dunha cancha de baloncesto nun pavillón case baleiro ao atardecer.
IA

Imaxe xenérica dunha cancha de baloncesto nun pavillón case baleiro ao atardecer.

A notable afluencia de afeccionados ao pavillón A Malata, que acolleu os partidos do Baxi Ferrol, sitúao como o quinto recinto con maior número de espectadores na Liga Feminina Endesa.

O fenómeno da "Baximanía", que comezou hai dúas tempadas coas sorprendentes actuacións europeas do Baxi Ferrol, continúa crecendo e marcando fitos históricos. Tras bater a marca de abonados do club, o apoio da afección ferrolá converteu o emblemático pavillón da cidade naval nun dos recintos con maior afluencia de toda a liga.
A Malata rexistrou unha media de 1.798 espectadores por partido, segundo o ranking publicado pola Federación Española de Baloncesto. Este dato sitúa ao conxunto presidido por Santi Rey só por detrás de recintos como o Pabellón Príncipe Felipe do Casademont Zaragoza (5.683), o Roig Arena do Valencia Basket (4.539), o Würzburg Silvia Domínguez do Perfumerías Avenida (2.779) e o Fontajau do Spar Girona (2.681).
Este forte respaldo da afeición é considerado o principal activo do Baxi Ferrol. O club xa traballa para manter este espírito na nova tempada, a pesar do traslado temporal a Punta Arnela, confirmando que a "Baximanía" é imparable.