O Concello de Cedeira recibiu unha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, ao abeiro dunha orde de maio de 2026, para a contratación de mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Esta axuda está cofinanciada nun 60% pola Unión Europea a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027.
O obxectivo principal desta iniciativa é mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas que non estudan nin traballan, mediante a prestación de servizos que lles proporcionen unha práctica profesional necesaria para a súa integración no mercado laboral.
Grazas a esta subvención, levouse a cabo a contratación dunha persoa moza desempregada e inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para un posto de Administrativo. O contrato terá unha duración de nove meses a xornada completa, tras a oferta presentada na oficina de emprego de Ferrol.




