A nova directiva do club, elixida o pasado verán, presentou os seus plans de traballo centrados na ampliación e mellora das infraestruturas e servizos da instalación náutica. A presidenta de Portos de Galicia ratificou a colaboración do ente público para impulsar estas melloras e xestionar os permisos necesarios.
Entre as propostas expostas polo club, destacan liñas de actuación encamiñadas a incrementar as superficies tanto na lámina de auga como en terra. Ademais, abordouse a posibilidade de explotar espazos portuarios xa existentes para o desenvolvemento de actividades formativas e outros usos.




