As Pontes (A Coruña). A IX edición da Samurai Xtreme Race volveu converter o contorno do Lago das Pontes no gran escenario do deporte de aventura e das carreiras de obstáculos, reunindo 1.342 participantes chegados de numerosos puntos de España e Portugal, consolidándose como unha das probas OCR de referencia do calendario nacional.
A edición de 2026 destacou especialmente polo importante crecemento da participación feminina, que alcanzou o 44 % do total de inscricións, un dato que reflicte a evolución dun evento cada vez máis inclusivo e aberto a todos os perfís de deportistas.
Durante a xornada, os corredores tiveron que superar un percorrido de preto de dez quilómetros con 79 obstáculos, deseñados para poñer a proba a resistencia física, a capacidade técnica e o traballo en equipo nun contorno natural único como é o Lago das Pontes.
Un dos grandes obxectivos da organización era garantir a seguridade de todos os participantes. Ante as altas temperaturas previstas, reforzouse o dispositivo preventivo cun incremento dos puntos de avituallamento, maior dotación de auga, ampliación do dispositivo sanitario e diversas adaptacións do percorrido para minimizar os riscos derivados da calor.
O resultado foi unha edición que transcorreu con absoluta normalidade e que volveu pór de manifesto o elevado nivel organizativo dunha proba que cada ano aumenta o seu prestixio dentro do panorama OCR nacional.
A organización quere destacar especialmente o traballo realizado polos máis dun cento de voluntarios, persoal sanitario, xuíces, forzas e corpos de seguridade, Protección Civil, Cruz Vermella, patrocinadores, colaboradores e institucións públicas, cuxo esforzo fixo posible o desenvolvemento do evento.
A Samurai Junior Race, celebrada con carácter solidario a favor da Fundación Degén, volveu converterse nun dos momentos máis emotivos da xornada, achegando os valores do deporte, a solidariedade e a superación persoal aos máis pequenos.
Jose Rodríguez López (Cope), director da proba, agradeceu a confianza depositada por corredores, voluntarios, patrocinadores e administracións:
"Cada edición supón un enorme reto organizativo. Ver o Lago das Pontes cheo de deportistas gozando, axudándose e superando obstáculos é a mellor recompensa para todo un ano de traballo. A Samurai é moito máis ca unha carreira; é unha experiencia e unha gran familia." Tras o éxito desta novena edición, a organización xa traballa na X Samurai Xtreme Race, unha edición moi especial que suporá o décimo aniversario da proba e que chegará con importantes novidades para seguir consolidando As Pontes como un dos grandes referentes nacionais das carreiras de obstáculos.