A xornada ciclista celebrouse este domingo en Ares, coa disputa do I XCM Club Pulpeiros, que formaba parte do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026. A proba atraeu a numerosos deportistas e afeccionados.
Na categoría feminina absoluta, Lara Lois García, do CDM Xesteiras, foi a vencedora, completando o percorrido en 3 horas, 35 minutos e 29 segundos. No apartado masculino, Ángel Maneiro Rodríguez, do Toxo, P.C., impúxose co mellor tempo, 2 horas, 55 minutos e 26 segundos.
Destacou tamén o triunfo da aresana Lara Pita Pena na categoría Júnior feminina. Competición coa que se proclamou Campioa Galega cun tempo de 4 horas, 22 minutos e 10 segundos, levando o nome de Ares ao máis alto do BTT galego.
O evento, organizado polo Club Pulpeiros, foi cualificado como unha importante cita do calendario ciclista galego e supuxo unha festa do deporte na localidade.




