Esta actividade completou o ciclo de iniciativas arredor do Samaín, promovidas pola Concellaría de Cultura do Concello de Ares co apoio da Deputación da Coruña. Ao longo das últimas semanas, achegáronse á veciñanza actividades como a Mesa de Medo, con libros de contos arrepiantes, e as sesións de «Unha biblioteca de medo» nas que participou a rapazada.
A función de «Tarecos e castaña do alén» reuniu o público familiar arredor das lendas, a tradición oral e os personaxes tradicionais desta época do ano, consolidando a biblioteca como un punto de encontro vivo para a cultura e o lecer na vila.
“"Desde a Concellaría de Cultura agradecen a magnífica resposta e a implicación de todas as familias e participantes."




