A iniciativa, organizada pola Xunta Local da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) en Ares, coa colaboración do Concello, busca amosar o apoio ás persoas afectadas por esta doenza oncolóxica e ás súas familias.
O paseo marítimo da vila tinguirase de rosa nunha xornada para reivindicar a importancia da investigación, a prevención e o diagnóstico temperán. A convocatoria incluirá tamén a lectura dun manifesto na entrada da Casa Consistorial.
A organización anima á cidadanía a traer posta unha prenda de cor rosa e sumarse á cadea solidaria.




