A iniciativa, que combina a práctica do remo adaptado con outras actividades deportivas vinculadas ao territorio, suma agora cintas de correr, bicicletas de ciclo indoor, unha máquina elíptica, unha máquina de escaleiras e unha prensa de pernas á súa sala de exercicios. Este novo material busca complementar os adestramentos de remo, facilitar a continuidade da actividade física ante condicións meteorolóxicas adversas e mellorar os recursos dispoñibles para as participantes.
Este investimento forma parte dun proxecto máis amplo que ten como obxectivos fomentar a igualdade de oportunidades, a inclusión social, a cooperación entre entidades e a posta en valor do patrimonio marítimo e natural da ría de Ares.
A actuación conta cunha axuda concedida de 10.815,64 euros, que representa o 70 % do investimento subvencionable aprobado para a anualidade 2026. O proxecto está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027, no marco das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo, coa colaboración da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Norte.
Esta iniciativa subliña a contribución ao desenvolvemento sostible das comunidades costeiras e ao benestar social da poboación.




