O Concello de Silleda presentou o programa das súas tradicionais Festas de Verán, que se celebrarán entre o 9 e o 12 de xullo. A programación combina concertos de orquestras galegas de renome coa gastronomía típica da zona, destacando a vixésimo sexta edición da Festa do Lacón.
A presentación do cartel contou coa presenza da alcaldesa, Paula Fernández, membros do goberno local, o presidente da comisión de festas, Ricardo Espantoso, e representantes da Asociación Cultural O Lacón, que organiza a emblemática Festa do Lacón o venres 10 de xullo, festivo local.
O xoves 9 de xullo ás 21:00 horas dará comezo oficial co chupinazo na Praza Siñor Afranio, amenizado polo grupo Supermirafiori. A primeira verbena será a medianoite coa orquestra París de Noia, acompañada polos DJ Carlos López e Bacardi.
O venres 10 de xullo estará dedicado ao folklore tradicional coas actuacións dos grupos de gaitas Aires do Trasdeza, do Colexio Plurilingüe María Inmaculada e da Escola de Música de Silleda, ademais da charanga Os Atrevidos. Pola noite, a XXVI Festa do Lacón terá como principal atractivo musical o Mariachi Sol de Galicia, seguida polas actuacións de Panorama City e o DJ Unai.
O sábado 11 de xullo, a Praza Siñor Afranio acollerá a espetada musical entre as 18:30 e as 22:30 horas, unha proposta de SIC Iniciativas Culturais. A noite culminará co grupo local Área 33, a orquestra La Misión e o DJ Marcos Kintana.
O domingo 12 de xullo, as agrupacións locais terán protagonismo con pasacalles e un concerto conxunto da Banda de Música Municipal de Silleda e a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira. Tamén haberá misa cantada pola Coral Polifónica Trasdeza e un espectáculo infantil, 'Unha de piratas', de Troula Animación na Avenida do Parque. As orquestras Marbella e o DJ Bruno actuarán antes dunha traca final de fogos artificiais.
“"Un programa completo, diverso e pensado para que veciñanza e visitantes poidan gozar de catro días de festa, convivencia e celebración."
“"Fai un chamamento á participación de veciños e visitantes, agradecendo o apoio de empresas, entidades e particulares que contribúen a facer posible estas festas."




