A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e o alcalde en funcións de Rodeiro, Alberte Lamazares, asinaron un convenio de colaboración. A través deste acordo, a Xunta achegará 150.000€ ao Concello para a construción dun novo edificio polivalente con uso asistencial.
Este inmoble albergará un centro de día destinado a persoas maiores e o Punto de Atención Infantil (PAI) de Rodeiro. A achega da Xunta súmase aos 200.000€ investidos nas tres primeiras fases, elevando o investimento total do Goberno galego a 350.000€.
“"Este novo centro servirá para favorecer o apoio ás familias e reforzar a conciliación da vida laboral e familiar dos veciños."
A conselleira destacou a importancia desta actuación, na que tamén colabora a Deputación de Pontevedra, para o apoio ás familias e a conciliación no concello.




