Dúas persoas rescatadas tras un accidente de tráfico en Vila de Cruces

O vehículo saíu da vía e quedou envorcado na parroquia de San Pedro de Losón este domingo pola tarde.

Imaxe xenérica de luces de emerxencia nunha estrada durante a noite.
IA

Imaxe xenérica de luces de emerxencia nunha estrada durante a noite.

Dúas persoas tiveron que ser excarceradas polos bombeiros este domingo tras sufrir unha saída de vía co seu vehículo no lugar de A Baiuca, en Vila de Cruces, arredor das 17:30 horas.

O sinistro produciuse na parroquia de San Pedro de Losón, cando o coche se saíu da calzada e quedou envorcado lateralmente. Un particular alertou ao servizo de emerxencias 112 Galicia ao comprobar que os ocupantes non podían saír polos seus propios medios.
O condutor do turismo, que viaxaba cun total de tres persoas, logrou abandonar o habitáculo sen precisar axuda externa. Tras o aviso, mobilizáronse efectivos dos Bombeiros do Deza, profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Gardia Civil de Tráfico, o GES e o servizo municipal de Protección Civil de Lalín.