Estes fondos proceden do Plan +Provincia, que este ano achega ao concello un total de 1,6 millóns de euros, sumando preto dun millón de euros do 2026 e un adianto de 646.000 euros da liña de investimentos do 2027.
Coas achegas aprobadas, realizaranse traballos de renovación, mantemento e mellora da sinalización horizontal en varias vías, rúas e espazos públicos abertos ao tráfico rodado nos núcleos de Silleda e A Bandeira. Deste xeito, os fondos da Deputación de Pontevedra contribúen a garantir a seguridade viaria nestas zonas de titularidade municipal.
O Plan +Provincia conta este ano cun orzamento de 85 millóns de euros, sendo o plan de obras e servizos provincial con maior dotación orzamentaria da historia da Deputación de Pontevedra. Grazas a estes recursos, os concellos da provincia con menos de 50.000 habitantes poden impulsar actuacións que modernizan infraestruturas e equipamentos municipais, como a que se acaba de aprobar para Silleda.




