O programa, que se realiza en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, ofrece a oportunidade de reencontrarse coas súas raíces a galegos residentes no exterior. As persoas participantes, chegadas desde Venezuela, Cuba, O Brasil, México, Bolivia, A Arxentina e O Uruguai, gozarán de actividades de lecer e visitas culturais durante a súa estadía.
A iniciativa, que conta cunha traxectoria de máis de 35 anos, ten como finalidade facilitar o contacto da colectividade galega do exterior maior de 65 anos coa Galicia actual e coas súas familias. A idade media nesta edición é de 74 anos.
Os participantes estarán aloxados nas residencias de tempo libre da Xunta de Galicia en Panxón (Nigrán) e O Carballiño. Durante a súa estancia, percorrerán diferentes localidades e cidades galegas para coñecer o patrimonio cultural e natural da comunidade.
A Secretaría Xeral da Emigración traballa para fomentar a participación da colectividade galega no exterior na vida cultural e social de Galicia, reforzando así os vínculos coa súa terra de orixe.




