Na primeira semifinal, o Cazás e o Abadín protagonizaron un duelo vibrante. Os de Ángel Franco dominaron a primeira metade, chegando ao descanso cun 2-1 a favor. Porén, na segunda parte, o Abadín reaccionou e, grazas aos goles de Ferreiro no minuto 69 e Facal no 81, conseguiu remontar e levar a vitoria por 2-3, deixando a eliminatoria aberta para o partido de volta.
“"Na fase final do encontro empurramos arriba en busca do empate pero non estivemos acertados."
A outra semifinal, entre o Rioaveso Machinango e o Muimenta, estivo marcada pola igualdade e a falta de acerto goleador. O único tanto do partido foi obra de Seijas no minuto 67, que deu a vitoria ao Muimenta por 0-1. O Rioaveso, a pesar de xogar no seu feudo, non puido materializar as súas ocasións e terá que buscar a remontada no partido de volta en O Pichón.
“"Entramos moi ben ao partido con varias internadas por banda en ambas partes e en unha de esas chegou o gol de Seijas."
Ademais dos play-off, tamén se puxo en marcha o Torneo Delegación. No Grupo 1 de Terceira Futgal, o Pol B impúxose por 3-1 ao Comercial, cun hat-trick de David. Pola súa banda, o Mondoñedo Ciudad gañou por 0-1 ao Catro Roldas, nun duelo entre os dous equipos que ascenderán á Segunda Futgal a próxima tempada.
No Grupo 2 do Torneo Delegación, o Al Corgo demostrou a súa condición de favorito ao golear por 8-1 ao Relámpago Taboada, con dous goles de Stalin. A sorpresa da xornada deuse en Cuatro Vientos, onde o Carballedo venceu con autoridade ao Rubián por 5-1, cun triplete de Marcos.




