A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, trasladou a felicitación do Goberno galego á entidade organizadora polo compromiso coa promoción da autonomía das persoas maiores. Destacou a boa acollida destas probas e agradeceu aos participantes o seu entusiasmo, demostrando que a idade non é unha barreira para desfrutar.
A Xunta colabora con iniciativas coma estas olimpíadas, consideradas esenciais para combater os estigmas do idadismo e fomentar a participación social dos maiores. Estas probas enmárcanse dentro do modelo de coidados galego que busca promover o envellecemento activo como eixo principal para combater o deterioro cognitivo e retrasar as situacións de dependencia.
O Goberno autonómico impulsa programas específicos como Benestar en Balnearios, Xuntos polo Nadal ou o Carné +65 para apoiar este obxectivo.




