Un total de dez estudantes de conservatorios profesionais de toda Galicia participaron na vixésimo quinta edición deste concurso para solistas, interpretando pezas de libre elección con diversos instrumentos como a trompeta, o saxofón, o clarinete, o violonchelo, o piano, o bombardino e a tuba.
O xurado, composto polo pianista Pablo Galdo, o barítono Borja Quiza e a violonchelista Alejandra Díaz Pérez, tamén outorgou o segundo premio ao violonchelista Alexandre Ferreira López, do Conservatorio da Coruña, e o terceiro á pianista Paula Seoane Otero, do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol.
O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, asistiu á gala e animou os mozos músicos a continuar a súa formación no Centro Superior de Música de Valga, unha institución con sete anos de traxectoria e máis de 80 alumnos.
O certame, que cumpre 25 edicións, está organizado pola Fundación Hazen-Hosseschrueders e busca acompañar os novos talentos na súa transición ao ámbito profesional, ofrecendo tamén mentorías e oportunidades laborais.




