A intervención, cun investimento de 110.449’94 euros procedentes de fondos da Deputación de Pontevedra, supón unha transformación substancial na seguridade e mobilidade dos veciños e usuarios desta vía rural. A actuación permitiu ampliar a estrada, renovar o firme e mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade nun treito de case medio quilómetro.
Resolveuse o problema de estreiteza que dificultaba o paso en varios puntos, garantindo agora un acceso máis seguro tanto ás vivendas do lugar como ás parcelas agrícolas da contorna. A concelleira Carmen Gómez comprobou as melloras na zona.
Entre as melloras executadas atópanse a limpeza das marxes e o acondicionamento das cunetas para garantir a evacuación das augas de choiva. Tamén se ampliou a plataforma, incluíndo traballos de desmonte e ensanche nas tres curvas principais e no treito intermedio, permitindo agora o cruce e a manobra de vehículos con maior seguridade.
Renovouuse o pavimento co fresado do vello firme e a estensión dunha nova capa de rodadura de mestura bituminosa en quente. Con esta actuación, o Concello de Valga reafirma o seu compromiso coa modernización das infraestruturas no ámbito rural.




