O espectáculo xirou arredor das peripecias de Marcelina, unha pequena pita con moita determinación e unha imaxinación sen límites que soña ao grande. Cansada da rutina diaria e de ser unha máis do curral, decide tomar as rendas da súa vida e converterse na xefa do seu destino.
A través dunha posta en escena dinámica, con moito humor e música, "A Pita Xefa" abordou valores coma a superación persoal, a igualdade e a importancia de loitar polo que un cre.
Esta actividade foi promovida polas Bibliotecas Municipais e o Concello de Valga, en colaboración coa Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia da Xunta, a través do programa de dinamización lectora "Ler conta moito".




