A campaña distribuirá folletos informativos en galego e castelán, elaborados polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), co obxectivo de chegar ao maior número posible de profesionais do sector agrario, gandeiro e forestal.
A iniciativa pon o foco nos accidentes máis comúns, como envorcamentos, atrapamentos na toma de forza ou sinistros de circulación, e busca concienciar sobre a necesidade de incorporar estruturas de protección antienvorcamento e usar o cinto de seguridade.
Esta acción enmárcase na Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027 e no Plan de actuación do Issga para 2026, co fin de reforzar a sensibilización sobre o manexo seguro de maquinaria agrícola.




