A parroquia de Godos, en Caldas de Reis, beneficiarase dunha importante mellora viaria coa inversión de máis de 20.000 euros para a reparación do camiño da Riba. Esta vía, situada baixo a liña do AVE, será intervida pola empresa Covsa tras o proceso de licitación.
A actuación, que busca incrementar a seguridade para vehículos e peóns, inclúe a instalación dun novo asfaltado. O camiño sufrira danos significativos debido ás obras de insonorización ferroviaria levadas a cabo por ADIF, o que motivou as peticións dos residentes da zona.
Ademais, o alcalde, Jacobo Pérez, anunciou outra intervención relevante no rural: a mellora do acceso e servizos básicos en San Martiño, na parroquia de Arcos da Condesa. Este proxecto, cun orzamento de case 90.000 euros, será financiado integramente polo Concello.
O proxecto en San Martiño contempla a substitución do pavimento actual, a instalación dunha rede de pluviais con colectores e canaletas, e a aplicación de varias capas de pavimento, incluíndo formigón armado e pedra de granito, para garantir a durabilidade e a correcta evacuación da auga.
O Goberno local tamén avanza na licitación da primeira fase para a mellora do saneamento preto da igrexa de San Clemente, así como noutras actuacións en Baltar e Faramontáns. Próximamente, recepcionarase a nova Estación Depuradora de Augas Residuais do Fieitoso, clave para o abastecemento hídrico da zona.




