A marcha, que partiu minutos despois das 11.00 da mañá dende a rúa García Irmáns, percorreu cinco quilómetros polo casco urbano da cidade. A iniciativa volveu contar cunha gran acollida por parte dos betanceiros, que se sumaron á "marea verde" a pesar das elevadas temperaturas rexistradas na mañá.
Ao finalizar o percorrido, realizouse un sorteo de agasallos doados por empresas e entidades colaboradoras. Todos os asistentes puideron participar co seu número de dorsal, celebrando o éxito dun evento que cada ano congrega a máis participantes.
A causa contra o cancro volve demostrar a solidariedade de Betanzos.
A presidenta da Xunta Local da AECC, Miluca Morandeira, e a alcaldesa, María Barral, encabezaron a camiñata, destacando a importancia da participación cidadá e o apoio continuo na loita contra esta enfermidade.



