O segundo posto foi para o Café Bar MG coa súa tapa A Cestiña. A Cantina Estación acadou o terceiro premio cun crocante de langostinos e boletus sobre crema de lima.
O certame recoñeceu tamén con cuartos premios a catro establecementos: o Bar Dylan, polo seu revolto de champiñóns con gambas; O Noso Mesón, pola súa tapa de polo con cogomelos; o Café Bar Luma, polos seus champiñóns ao alliño; e o Restaurante Exprés, polas súas fabas con cogomelos.
Un ano máis, a hostalaría de Curtis e Teixeiro demostrou un gran nivel cunhas propostas culinarias variadas e creativas arredor do cogomelo. O Concello de Curtis agradece a implicación de todos os establecementos participantes e o seu esforzo por contribuír ao éxito desta festa gastronómica.




