A incorporación desta profesional responde a unha demanda reiterada da veciñanza. A atención continuada permitirá que as usuarias da comarca reciban preto da súa casa o seguimento do embarazo, as cuestións relativas ao parto e as revisións de saúde sexual e reprodutiva, evitando desprazamentos innecesarios.
O Concello de Curtis trasladou esta necesidade na última reunión mantida coa Dirección de Atención Primaria. A colaboración entre ambas as administracións permitiu reforzar en pouco tempo a carteira de servizos do centro de saúde, que dá cobertura a todo o municipio e á súa contorna.
O Concello de Curtis valora positivamente a sensibilidade amosada pola Consellería de Sanidade, que mellora a calidade asistencial e facilita o acceso a este tipo de servizo das veciñas do interior.




