A nova infraestrutura, cun investimento de 356.106€ e financiamento de fondos europeos FEDER, conta cun prazo de execución de seis meses. A adxudicación foi á empresa Construcciones Ponciano Nieto S.L.
Esta actuación responde ás necesidades de seguridade e mobilidade sostible da veciñanza, xa que o itinerario facilitará os desprazamentos seguros e cómodos cara a servizos como o centro de saúde, a parada de autobús, a farmacia ou o campo de fútbol.
Ademais, a senda permitirá facilitar os desprazamentos seguros dos usuarios da Asociación Íntegro, dedicada a persoas con diversidade funcional, aos distintos equipamentos da contorna.
As obras inclúen tamén actuacións na canalización de pluviais, a instalación de telecomunicacións e a renovación da sinalización. Esta intervención enmárcase no Plan de Sendas de Galicia da Xunta.




