A conselleira do Mar, Marta Villaverde, puxo en valor hoxe a "calidade excepcional" dos peixes e mariscos galegos durante a súa intervención nas V xornadas “No mar da lonxa de Laxe”. O evento, organizado pola Confraría de Pescadores Santa María da Atalaia, celebrouse en Laxe (A Coruña) e tivo como obxectivo principal destacar o papel do sector pesqueiro na economía e identidade da vila mariñeira.
Durante o acto, Villaverde e a recoñecida chef Lucía Freitas recibiron o título de “Embaixadora dos Peixes e Mariscos de Laxe”. O recoñecemento foi entregado polo patrón maior da confraría, Raúl Villar.
A Consellería do Mar colabora activamente nestas xornadas, que chegan á súa quinta edición, achegando produtos do mar para a súa elaboración e posta en valor, subliñando a contribución destes alimentos como proteína de alta calidade para unha dieta saudable.




