A licitación, publicada no Portal de Contratos Públicos de Galicia, conta cun orzamento base de 1.647.889,32 euros. O valor estimado total do expediente, que contempla unha duración inicial de 36 meses con posibilidade de prórrogas por dous anos máis, ascende a 2.542.198,40 euros.
O contrato abrangue a subministración de diversos elementos esenciais para a actividade do laboratorio, tales como reactivos, diluíntes, calibradores, controis e outros consumibles necesarios. Ademais, a adxudicación inclúe a posta a disposición do equipamento técnico preciso para realizar as probas de hemoglobina glicosada.
As empresas interesadas en optar a este procedemento teñen de prazo ata o vindeiro 26 de outubro para presentar as súas ofertas técnicas e económicas.




