O obxectivo principal destas xornadas é poñer en común os resultados da última edición do festival, fortalecer os lazos de colaboración entre as diferentes sedes e aproveitar a estancia para promover o patrimonio natural, a gastronomía e a oferta cultural de Carballo.
A programación inclúe unha mestura de sesións de traballo e actividades de inmersión no territorio. Entre os actos destacados, os asistentes visitarán a curtiduría tradicional de Sofán e realizarán un percorrido polo festival de arte urbano Rexenera Fest, onde poderán interactuar cos artistas locais.
“"O II Encontro Pintero vai máis alá dunha simple reunión de balance. É un espazo estratéxico para crear sinerxías, poñer en común ideas innovadoras e seguir fortalecendo redes de colaboración científica en todo o país."
O peche do evento terá lugar o domingo na zona costeira de Razo, tras unha visita á tradicional feira dominical da vila. Con esta iniciativa, o goberno local busca consolidar o seu compromiso coa retención do talento e a dinamización económica a través da ciencia e o patrimonio industrial.




