A Xunta destaca a conserveira Jealsa como motor de emprego e riqueza no litoral galego

A conselleira do Mar subliña o papel da compañía na creación de postos de traballo na comarca de Barbanza.

Imaxe xenérica dunha planta de procesamento de alimentos.
IA

Imaxe xenérica dunha planta de procesamento de alimentos.

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse este luns con representantes de Jealsa para destacar o seu papel como "paradigma da creación de riqueza e emprego" na comarca de Barbanza.

Durante o encontro, a conselleira do Mar, acompañada polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo unha xuntanza co director do departamento de Expansión da conserveira, Odilo Romero. Esta reunión forma parte dunha serie de contactos que a dirixente autonómica está a realizar cos diversos axentes do sector marítimo-pesqueiro e portuario.
O representante da firma con sede en Boiro informou sobre a evolución da actividade da conserveira, situada no porto autonómico de Bodión. A conselleira, pola súa banda, reafirmou o compromiso da Xunta coa cadea mar-industria e, en particular, con Jealsa.

"A empresa mantén do Barbanza o 62% do seu cadro de persoal, que conforman 4.500 profesionais."

a conselleira do Mar
Neste contexto, a conselleira lembrou que Portos de Galicia concedeu a Jealsa unha prórroga extraordinaria do prazo concesional das súas instalacións, estendéndoo ata os 75 anos, debido ao seu interese estratéxico para a rexión.