A presentación tivo lugar no marco do 27º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar, baixo o lema Dixitalización de comercios: da venda ao stock. Esta xornada serviu para amosar ferramentas tecnolóxicas deseñadas para optimizar a xestión comercial e mellorar a competitividade dos negocios locais.
A sesión forma parte dun plan de accións formativas e encontros que buscan impulsar a transformación dixital e reforzar a competitividade do sector comercial na Eurorrexión Galicia Norte de Portugal.
O proxecto Digital_Expo é unha iniciativa de cooperación transfronteiriza liderada pola Xunta, coa participación de Expourense, a Universidade de Vigo e as cámaras municipais de Viana do Castelo, Ponte de Lima e Arcos de Valdevez. Conta co cofinanciamento da Unión Europea a través do programa Interreg VI-A España-Portugal (Poctep) 2021-2027 e desenvolverase ata o 31 de decembro de 2027 cun orzamento superior a 1 millón de euros.




