O GDR Ulla Tambre Mandeo financiará un total de dezaoito proxectos, cun investimento global de 3.3031.658 €. Destes, catorce son de iniciativa privada, cunha subvención pública de 676.253,37 € e un investimento privado asociado de 2.324.689,37 €.
Dous proxectos serán para concellos: o Concello de Boimorto, que ampliará a súa residencia da 3º idade, e o Concello de Toques, que porá en marcha unha vivenda social. Estas iniciativas recibirán 238.853,11 €.
As asociacións sen ánimo de lucro recibirán 176.928,74 € para proxectos como a renovación medioambiental circular da auga na protectora Vacaloura Santuario Animal ou a creación dunha comunidade enerxética veciñal en Vilasantar.
Entre os proxectos privados destacan a financiaciación dunha pensión en Boimorto, a ampliación dun centro ecuestre en Sobrado, unha instalación lúdico-infantil en Melide, un centro de benestar equino e un crematorio en Arzúa, melloras técnicas en empresas de Arzúa e Melide, e a ampliación dun taller agrícola en Toques e dunha iniciativa de comercio polo miúdo en Vilasantar.
O programa Leader demostra a súa madurez e a necesidade de financiamento europeo para o desenvolvemento rural, a creación de oportunidades de negocio e a mellora da vida dos veciños.
Ademais, o GDR Ulla Tambre Mandeo realizou unha charla informativa sobre comunidades enerxéticas, coa participación da comunidade de montes de Boimil, no marco do proxecto de cooperación Redenerxía.




