Os servizos de emerxencia desprazáronse ata a zona despois de recibir o aviso de que unha persoa precisaba ser sacada da auga tras unha perda de coñecemento. O suceso tivo lugar na presa dun río, nas proximidades da rúa Acearrica, pasadas as 20:00 horas do venres.
O primeiro aviso foi recibido polo 061, que alertou á central de emerxencias. Esta, á súa vez, informou á Garda Civil e a Protección Civil de Allariz para que acudisen ao lugar.
Aínda que o persoal sanitario desprazado ao lugar intentou levar a cabo manobras de reanimación, finalmente só puideron certificar o falecemento da persoa rescatada.




