Un motorista sufriu feridas graves este mércores tras unha colisión cun outro vehículo no termo municipal de Paderne de Allariz. O sinistro produciuse ao redor das 4:15 horas no quilómetro 9 da estrada OU-101, á altura de Solbeira.
Un particular alertou ao 112 Galicia solicitando asistencia sanitaria urxente para o motorista accidentado. Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo que incluíu efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, o GES do Pereiro de Aguiar e os servizos de mantemento da vía.
Ao chegar ao lugar, os equipos de emerxencia confirmaron que o condutor da motocicleta se atopaba en estado grave. Foi evacuado en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).




