As probas máis destacadas son o Trail Longo de 35 quilómetros, cun desnivel de +1400 metros, que puntuará para a Liga Provincial, e unha Andaina Longa de 23 quilómetros. Ademais, haberá un Trail Curto de 18 km, unha Andaina Curta de 14 km, e modalidades de iniciación como o Mini-trail e a Mini-andaina de 8 km.
“"Este evento demostra que Allariz é un referente en xestión deportiva e respecto ao medio natural."
A edición deste ano rende homenaxe a Paco García, figura clave para Allariz, e á Agrupación de Protección Civil, en recoñecemento ao seu labor altruísta. As saídas serán graduadas ás 09:00, 10:00 e 11:00 horas, culminando co Trailciño, carreiras infantís gratuítas para nenos e nenas a partir dos 6 anos.
A organización mantén o seu compromiso de "residuo cero", polo que non se proporcionarán vasos de plástico nos avituallamentos, instando aos participantes a levar o seu propio kit de hidratación. As inscricións abríronse o 20 de abril en Sportmaniacs, cunha tarifa reducida ata o 24 de maio de 18 € para os trails e 12 € para as andainas.
A organización agradece a implicación da Agrupación de Protección Civil de Allariz, o apoio de entidades e empresas colaboradoras como Apersa (Volkswagen, Audi), e o soporte institucional de Deporte Galego e a Liga de Trail OurenseTrail.




