O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, resaltou hoxe en Ribadeo as iniciativas que fomentan a integración e o envellecemento activo e saudable, como o III Encontro do Xubilado que tivo lugar na localidade luguesa.
Acevedo lembrou que o benestar da terceira idade é unha das máximas prioridades do Goberno galego, que impulsa cada ano novas actividades pensadas para garantir a súa atención. Entre elas, mencionou programas como Benestar en Balnearios ou Xuntos polo Nadal, deseñados para promover o envellecemento activo.
Ademais, o director xeral informou de que todos os maiores de Galicia teñen á súa disposición o Carné +65. Esta tarxeta gratuíta, que a Xunta envía aos domicilios, permite acceder a diversas vantaxes e beneficios, como descontos ou obsequios en establecementos galegos de benestar, saúde, ocio, gastronomía ou turismo.




