O suceso produciuse cara ás sete da mañá cando o sistema de alerta do propio coche accidentado alertou ao 112. Inicialmente, os servizos de emerxencia desprazados ao lugar tiveron dificultades para localizar o vehículo, que segundo testemuñas puido dar varias voltas de campá antes de finalizar nun prado con herba alta.
O accidente tivo lugar no quilómetro 44 da estrada Nacional 640. Ao lugar acudiron efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de A Pontenova, axentes da Garda Civil de Tráfico e persoal de Urxencias Sanitarias. Tamén se informou a Protección Civil e ao servizo de mantemento da vía.
Tras unha comunicación posterior da Garda Civil, confirmouse que o vehículo fora atopado e que no seu interior se atopaba unha persoa ferida, cuxa identidade e gravidade non foron detalladas.




