A Área de Igualdade do Concello de Ribadeo, en colaboración coa Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, pon en marcha un curso de defensa persoal dirixido especificamente a mulleres. A iniciativa busca fomentar a prevención e a formación en materia de violencia de xénero.
Segundo explicou a concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, o curso celebrarase o 12 de setembro no Centro Sociocomunitario de Ribadeo. Para facilitar a participación, haberá dúas quendas: unha matinal de 10:00 a 14:00 horas e outra de tarde de 16:00 a 20:00 horas.
O prazo de inscrición abriuse hoxe, 20 de agosto, e permanecerá aberto ata o 4 de setembro. As persoas interesadas poderán anotarse durante este período.
“"O Concello de Ribadeo continúa implicándose na prevención, información e formación contra a violencia de xénero. Queremos un Ribadeo seguro, respectuoso e libre."




