A centenaria veciña de Ribadeo estivo arroupada pola súa familia e por representantes municipais, incluíndo o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, nun encontro celebrado no Salón dos Alcaldes.
Durante o evento, fíxose entrega a Mercedes Corbelle Tella dun ramo de flores como símbolo de respecto e admiración pola súa longa traxectoria vital e o seu legado na localidade.
“"É o bonito de ser concelleira, poder vivir estes momentos coa xente e felicitar a unha nova centenaria no noso concello"
A concelleira Elena Sierra destacou a importancia destes recoñecementos institucionais e a proximidade coa cidadanía que permiten estes actos.
“"Seguiremos celebrando e conmemorando a todos e todas as ribadenses que vaian cumprindo 100 anos, poñendo en valor a importancia de recoñecer ás persoas maiores como parte fundamental da historia e da identidade de Ribadeo"
Pola súa banda, o alcalde Dani Vega reafirmou o compromiso do Concello cos maiores, subliñando que estes encontros son momentos de "celebración, gratitude e homenaxe á vida" e o valor da experiencia dos máis lonxevos do municipio.




