O show, que ten unha duración aproximada de 75 minutos, combina ilusión, humor e unha significativa participación do público, convertendo a nenos e adultos en protagonistas dos momentos máxicos. Segundo o propio artista, é unha proposta que busca sorprender e emocionar, sendo un referente na maxia familiar actual.
“"É un espectáculo para toda a familia. Todas as idades van poder gozar da maxia e do humor de este espectáculo."
Este espectáculo, estreado a finais do ano pasado, xa foi presentado con éxito en diversas localidades galegas como Vigo, Cee e Meira, antes da súa chegada a Ribadeo. A función conta coa colaboración do Concello de Ribadeo.
O ilusionista leva tres décadas dedicado profesionalmente á maxia, comezando a súa traxectoria aos 18 anos. Os seus inicios estiveron marcados polo contacto cun colectivo de magos en Lugo, onde coñeceu a un compañeiro que o introduciu na comunidade máxica local. Destaca a figura de René Lavand, un mago arxentino, como o seu principal referente e mentor, quen o animou a explorar novas facetas da maxia.
As entradas para Imposible!? xa están dispoñibles para a súa compra anticipada a través da páxina web www.entradium.com cun prezo de 12 euros. Tamén se poderán adquirir na billeteira do auditorio o mesmo día da actuación en Ribadeo por 15 euros.




