As proxeccións, organizadas polo Concello, continuarán por varias parroquias ao longo dos vindeiros días, segundo informou a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo.
Sanjurjo explicou que "como todos os veráns o cine sae da sala á rúa. Pero este ano especialmente, sae da sala ás parroquias, para gozar das marabillosas noites de verán que estamos a ter".
A edil ribadense detallou que esta semana xa se puido ver cinema en Rinlo e no Campo de San Francisco. As próximas citas serán hoxe martes no Círculo Habanero da Devesa; o sábado 23 en Vilaselán; o 24 en Vilaframil e o 25 en Cedofeita. Todas as proxeccións comezarán ás dez da noite.
“"As películas son para todos os públicos. É unha actividade a desenvolver na compaña da familia e a veciñanza, podemos degustar unhas palomitas e pasar unha agradable velada. Animádevos. Vémonos no Cine na Rúa."




