O Concello de Barreiros informou dunha avaría "importante" na planta de tratamento de auga potable de Celeiro de Mariñaos, o que a mantén inoperativa. Ante esta situación, solicitan aos veciños que reduzan o consumo de auga para evitar un corte xeralizado da subministración.
Nun aviso lanzado polo Concello, pídese "a máxima colaboración cidadá para reducir ao mínimo imprescindible o consumo de auga mentres se solucionan os problemas técnicos". Engaden que "precisamos que os depósitos se manteñan cun nivel mínimo de auga para non provocar un corte xeral no subministro da rede".
Aseguran que se está traballando para solucionar a incidencia, pero recoñecen que "a gravidade da mesma fai difícil que se solucione en poucas horas". Por iso, agradecen a colaboración de todas e todos. Informarán de calquera novidade a través das redes sociais municipais.




