Os labores actuais céntranse no fresado de tramos do pavimento deteriorado para aplicar unha primeira capa de aglomerado asfáltico. Por este motivo, o firme pode presentar un aspecto irregular, xa que non é o acabado definitivo.
A aplicación da capa definitiva de asfaltado está prevista para a primavera, cando as condicións meteorolóxicas sexan máis propicias para completar esta fase dos traballos.
O Concello de Viveiro traslada esta aclaración á veciñanza para informar sobre o desenvolvemento das obras e explicar que o estado actual do pavimento responde ás distintas fases previstas na actuación.




