O Concello de Oleiros remitiu á Xunta de Galicia o informe necesario en decembro de 2025. Existen indicios claros de que a demora na emisión deste informe por parte da Xunta foi intencionada, co obxectivo de boicotear ao Goberno municipal por cuestións partidistas.
Previamente, xa se realizaron as correspondentes expropiacións para os 2,5 km de percorrido. Foron 29.631 metros cadrados pertencentes a 61 parcelas, todas en solo rústico, polas que o Concello pagou 270.000 euros.
Esta obra, xunto coas recentemente finalizadas do paseo Pepe Mujica, permitirá conectar por sendas e paseos costeiros todo o litoral de Oleiros.




