As agrupacións interesadas deben enviar un correo electrónico ao Concello antes de que remate o domingo 13 de decembro, indicando o nome do colectivo e un teléfono de contacto. Unha vez pechado este prazo, convocarase unha reunión con todos os grupos participantes para coordinar a organización e concretar os detalles do desfile.
O Concello anima ao tecido asociativo e aos diferentes colectivos do municipio a participar nesta cita. Ademais, informarase a finais de decembro da apertura dun prazo específico de inscrición para os nenos e nenas que desexen participar nas carrozas dos Reis Magos. Trátase de dúas convocatorias diferenciadas, polo que o prazo aberto actualmente está dirixido exclusivamente aos colectivos que queiran desfilaren en grupo.




