O establecemento Café Bar Choco foi o gañador da quinta edición desta ruta gastronómica, coa tapa Larpeirada de Solombo como a máis votada polo público participante. Ademais, realizouse un sorteo entre todas as persoas que votaron pola súa tapa favorita, cuxo premio foi unha cesta de produtos propios da época. O gañador do sorteo foi Beatriz Magariños Magariños.
O Concello de Pontecesures agradeceu a participación de todos os locais implicados e das persoas que contribuíron á dinamización económica e social da vila. A institución xa invita a veciños e visitantes a asistir á próxima edición do evento.




