O lume, que se orixinou ás 17,02 horas do martes, afecta segundo as estimacións provisionais unha superficie de 50 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse ata o momento 2 técnicos, 22 axentes, 23 brigadas, 20 motobombas, 4 pas e 2 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural recorda á cidadanía a importancia de alertar sobre calquera lume forestal chamando ao número gratuíto 085. Tamén se dispón da aplicación móbil ALume para avisar sobre incendios activos e dun teléfono anónimo (900 815 085) para denunciar actividades delituosas incendiarias.
Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas pode consultarse na conta de X @incendios085.




